25 aniversario da AETG, encontro de confraternización de asociados

De interese para asociad@s

Este ano cúmprense 25 anos da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia dende a súa creación e é un bo motivo para celebralo e facer un repaso da súa andaina durante todo este tempo. Pensamos que a mellor forma de conmemoralo é xuntándonos arredor dunha mesa e compartir lembranzas sobre a traxectoria nesta etapa da AETG da man dos nosos asociados máis veteranos e albiscar o camiño da nosa entidade a traveso da perspectiva dos enxeñeiros de telecomunicación máis novos.

Agardamos que esta celebración sexa o encontro de todos os asociad@s de Galicia, unha xuntanza das distintas xeracións que conforman o noso colectivo dende os primeiros asociados da AETG ata os máis recentes.

Para isto, os asociados están convidados a un xantar enxebre de confraternización con carácter gratuíto o vindeiro venres día 1 de decembro ás 15 horas nun lugar aínda por determinar e do que se informará aos asociados interesados. Por cuestións de reservas e aforo é preciso que o asociado confirme a súa asistencia enviando un mail a comunicacion@aetg.gal indicando o seu nome completo e teléfono de contacto antes do día 20 de novembro. En función do número de asistentes escollerase o lugar máis axeitado, que en todo caso procurarase sexa o máis equidistante posible.

25 aniversario.png