57th FITCE Congress, UK 2018

Importante: Bolsas para asociados e asociados-estudantes

Durante o 6 e 7 de setembro terá lugar una nova edición do Congreso de FITCE (Federation of Telecommunications Engineers of the European Community) que cada ano ten lugar en paises diferentes e que nesta ocasión ten en Manchester a súa sede.

Baixo a lema "Delivery and Consumption of Digital Media" reuniranse profesionais de múltiples países que analizarán o pasado, presente e futuro da Enxeñaría de Telecomunicación. Este evento constituirase nun foro que reúna a investigadores internacionais, enxeñeiros de telecomunicación comprometidos coa investigación básica e aplicada, creadores de innovación e tamén profesionais que desenvolvan a súa actividade nos novos campos que se demandan hoxe en día.

Páxina oficial da 57 edición do FITCE

Para calquera aclaración, podese contactar a través do seguinte e-mail: fitcecongress2018@salford.ac.uk

PROGRAMA DE BOLSAS
A Asociación de Ingenieros de Telecomunicación pon a disposición para xoves asociados e estudantes asociados 4 bolsas para asistir ao FITCE. A solicitude para optar a unha destas bolsas pódese facer ata o 6 de xullo de 2018 no enderezo aeit@aeit.es.

Para máis información premer aquí

Fitce_logo.jpg