A AETG asina un acordo coa Cruz Vermella de Galicia para formentar o desenvolvemento das TIC

A Cruz Vermella en Galicia e a AETG asinaron un acordo marco de colaboración co obxectivo de contribuír ao fomento da sociedade da información e desenvolvemento das TIC en Galicia.

O acto de firma tivo lugar esta mañá por parte da presidenta autonómica de Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro Vermello e o presidente da AETG Julio Sánchez Agrelo.

O obxectivo principal deste acordo é poñer a innovación ao servizo das persoas mediante a posta en marcha de proxectos e solucións específicas. Na actualidade, a Cruz Vermella de Galicia ofrece distintos servizos vinculados á tecnoloxía como a teleasistencia, a xeolocalización, a videoatención ou a proximidade. A traveso desde novo acordo coa AETG continuarase traballando nesta liña para mellorar os servizos xa existentes e ofrecer outros novos. Este tipo de servizos están dirixidos principalmente ás persoas maiores, as persoas con algunha discapacidade ou as persoas con algunha deterioración cognitiva pero tamén orientados ás persoas que atenden a estes colectivos.

Coa firma deste acordo marco, a AETG presta especial atención á área socio-sanitaria na cal o fomento das novas tecnoloxías incide directamente na calidade de vida das persoas. O acordo asinado hoxe servirá de marco para posteriores convenios específicos vinculados a esta temática nos cales se materializarán proxectos concretos que contribuirán a incrementar o uso das novas tecnoloxías na área asistencial.

20170614_112954 web.jpg