A AETG organiza xunto coa Amtega o primeiro foro sobre 5G en Galicia "Oportunidades e retos das redes 5G"

5g.jpg

De interese para asociados

Dende a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) comprácenos convidarvos á xornada Oportunidades e retos das redes 5G, en virtude do convenio de colaboración coa Amtega para o fomento da Sociedade da Información. Será un foro de debate arredor do marco no que se desenvolverán as redes 5G, o impacto que estas terán na sociedade, os retos para a súa implantación e o potencial do hipersector TIC galego para situarse neste contexto tecnolóxico emerxente.

O encontro terá lugar o próximo día 27 de xuño ás 10:00 na Cidade da Cultura de Galicia, Edificio CINC (Monte Gaiás - Santiago de Compostela). Para asistir cómpre inscribirse na web do Centro Demostrador TIC no seguinte enlace ou a través do correo cdtic@xunta.gal.

Programa Xornada 5G


Esta xornada está financiada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia como promotora do proxecto na totalidade das actuacións asociadas ao convenio de colaboración coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.