A Escola de Enxeñería de Telecomunicación impartirá o curso de Especialista en Tecnoloxías 5G en 2019/2020

Ata o vindeiro 14 de xullo está aberto o prazo de matrícula para asistir ao curso de Especialista en Tecnoloxías de quinta xeración que se impartirá na Escola de Enxeñería de Telecomunicación de Vigo e que dará comezo o 13 de setembro.

Esta actividade formativa ten como obxectivo a reciclaxe de profesionais do sector de telefonía móbil celular coas características novedosas de 5G e completar a formación de titulados de grao no ámbito da enxeñería de Telecomunicación, ou nas TIC en xeral, especializándose na 5G.

Máis Información e condicións de matrícula.

Curso5G.PNG