Aberto o prazo de matrícula para a realización de novos cursos

De interese para colexiados/asociados

Durante as vindeiras semanas darán inicio diferentes actividades formativas que consideramos de interese para os colexiados/asociados. O curso on-line de Xestión de Proxectos orientado á Certificación PMI, o curso sobre Proxectos de Cabreado Estructurado e Fibra Óptica e o curso BIG DATA. Estratexias de Negocio e Fundamentos de Data Science, entre outros, son as propostas formativas do COIT para este mes de marzo.

Consulta a oferta formativa do COIT.

Destaca tamén o curso presencial Ethics and Technology organizado pola Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.