Amplíase ata o 22 de abril o prazo para presentación de candidaturas ao Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2019

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia convoca unha nova edición do Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais que, en colaboración coa Amtega, está destinado a recoñecer os mellores proxectos no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación que contribúan e aporten beneficios á sociedade.

A data de recepción de candidaturas amplíase ata o luns 22 de abril ás 09:00 horas e deberase remitir a solicitude de participación ao enderezo electrónico administracion@aetg.gal

A este premio, de carácter honorífico, poderán concorrer, as persoas físicas, entidades ou pequenas ou medianas empresas, tanto de forma individual como conxunta ou con traballos de equipo, con sede en Galicia. Na imaxe, Fernando Martín, galardoado na edición anterior, recolle o premio de mans de Rosa Méndez, representante da Amtega.

Bases do Premio Beneficios Sociais 2019


Solicitude de participación Premio Beneficios Sociais 2019

CS1A7975.jpg