Anímate a participar no Machine Learning Workshop Galicia 2018

De interese para asociados e colexiados

Como xa anunciamos antes do verán, o vindeiro 18 de outubro terá lugar en Vigo o Machine Learning Workshop Galicia 2018, con múltiples ponencias nas que participarán empresas e investigadores destacados nesta rama da Intelixencia Artificial.

Dende o COETG animamos a colexiados e asociados a asistir e participar neste interesante congreso. O prazo para a presentación de proxectos remata o vindeiro 16 de setembro polo que aínda podedes optar a que os vosos traballos sexan seleccionados polo comité evaluador e formar parte da axenda deste workshop.

Máis Información, envío de traballos e inscricións

wgml.png