Arranca o Foro de Emprego coa presenza do COETG e AETG

Onte arrancou unha nova edición do Foro Tecnolóxico de Emprego no que, un ano máis, participa o Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia. O Foro, que celebra a súa XVIII edición, terá lugar ata o venres ás 13 horas nas escolas enxeñería de telecomunicación, industriais e minas da Universidade de Vigo.

Estaremos presentes cun stand expositivo para ofrecer aos visitantes que se acheguen información sobre funcións e servizos que ofrecen o COETG e a AETG aos enxeñeiros de telecomunicación.

Achégate ao Foro e visítanos!!

IMG_4003.JPG