Asiste a GaliciaTIC

Os colexiados/asociados interesados están convidados a asistir a unha nova edición de GaliciaTIC que terá lugar o vindeiro 23 de maio na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, e que este ano está adicada ás "Tendencias Tecnolóxicas e oportunidades para Galicia"

GaliciaTIC comezou como un foro de referencia do sector tecnolóxico galego, pero actualmente consolidouse como un foro transversal, que aínda que a temática central pivota sobre a tecnoloxía, nel teñen cabida tanto as empresas e profesionais do sector TIC como aqueles profesionais dos demais sectores empresariais interesados en coñecer as solucións e ferramentas tecnolóxicas actuais, e en desenvolvemento, que poden axudar a mellorar as súas organizacións e facelas mais competitivas.

Os interesados deberán facer o seu rexistro a través do formulario de inscrición e introducir o código de invitación que se poden atopar no seguinte enlace: Convidación a GaliciaTIC

Inscríbete a GaliciaTIC

Máis información e programa de GaliciaTIC

Invitacion Galiciatic 2019.jpg