Asociarse - Asociado de pleno dereito

Para formalizar a inscripción bastará con proceder a:
1. Cumprimentar, en maiúsculas, e asinar, nos espacios debidos, a folla de inscripción da AETG, AEIT e domiciliación bancaria cao fin de proceder ao paso dos recibos de cotas (a cota anual é de 145,20 euros, que se pagará en dous recibos en xaneiro e xullo). A Asociación eximirá do pago desta cotaós membros que abonaran a cota ao Colexio.

· Folla de inscrición AETG
· Folla de inscrición e domiciliación bancaria AEIT

No caso de estar becado ou en situación de desemprego terase dereito a unha reducción do 50% do pago de cotas, sempre que se adxunte o xustificante do INEM ou se demostre a situación de becado. A duración da beca non poderá ser superior a seis meses. Esta exención de pago deberá xustificarse de forma reiterada no mes de marzal de cada ano.

Tamén terán unha reducción do 50% do pago das cotas os asociados que xustifiquen a percepción dunha pensión de xubilación. A esta situación asimilaranse os asociados, sen límite de idade, que acrediten unha situación de invalidez permanente de grao absoluto ou gran invalidez.

2. Dúas fotografías tipo carné actualizadas.

3. Fotocopia do DNI ou NIE.

4. Se non é colexiado ao COIT (ao corrente de pago), xustificante da formación recibida. Neste caso poderase elexir unha das seguintes opcións:
- Certificado da Escola na que cursara os estudios no que se diga textualmente que:"finalizou as asinaturas da carreira e só está pendente do Proxecto Fin de Carreira".
- Orixinal ou fotocopia compulsada do Titulo de Enxeñeiro de Telecomunicación ou, no seu defecto, orixinal ou fotocopia compulsada do documento de solicitude do título expedido pola Universidade correspondente no que se certifique ou acredite que o/a interesado/a superou os estudos contundentes ao Título Oficial de Enxeñeiro de Telecomunicación.

5. Se non é colexiado ao COIT (ao corrente de pago), xustificante de pago de ingresar o importe correspondente (ver tabla a continuación) na conta da Asociación Española de Ingenieros de Telecomunicación en La Caixa no número ES26 2100/2222/02/0200095650, ou xustificante de xiro postal.

Nas seguintes taboas recollese os importes totais que hai que ingresar en función do mes en que se solicite o alta na Asociación e as circunstancias personais de cada asociado (reducción do 50%).

a.- Se se atopan en situación de becados, desemprego, jubilación ou incapacidade permanente en grao absoluto ou gran invalidez:

Mes de solicitude de incorporación Importe total (incluidos os gastos de xestión de alta)
Xaneiro 54,30 €
Febreiro 48,25 €
Marzo 42,20 €
Abril 36,15 €
Maio 30,10 €
Xuño 24,05 €
Xullo 54,30 €
Agosto 48,25 €
Septembro 42,20 €
Outubro 36,15 €
Novembro 30,10 €
Decembro 24,05 €

b.- Se non se atopan en situación de becados, desemprego, jubilación ou incapacidade permanente en grao absoluto ou gran invalidez:

Mes de solicitude de incorporación Importe total (incluidos os gastos de xestión de alta)
Xaneiro 90,60 €
Febreiro 78,50 €
Marzo 66,40 €
Abril 54,30 €
Maio 42,20 €
Xuño 30,10 €
Xullo 90,60 €
Agosto 78,50 €
Septembro 66,40 €
Outubro 54,30 €
Novembro 42,20 €
Decembro 30,10 €

A documentación anterior deberá entregarse persoalmente ou mediante correo postal ao enderezo:

ASOCIACIÓN DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN DE GALICIA
ETSE de Telecomunicación
Lagoas Marcosende, s/n
36310 Vigo (Pontevedra)

NOTA IMPORTANTE SOBRE O SEGURO DE VIDA
Cando reciba a confirmación de alta como Asociado mediante correo electrónico, poderá solicitar a súa alta no Seguro Colectivo de Vida que a Asociación facilita de forma gratuíta a todos os seus Asociados.

Para isto, terá que cumprimentar o  Boletín de Adhesión ao Seguro Colectivo de Vida e envialo a AMIC á dirección abaixo indicada, preferiblemente mediante correo certificado:

AMIC Mutualidad
Dpto. Contratación
Príncipe de Vergara, 11
28001 Madrid

Se xa solicitou este Seguro como Colexiado non é preciso que o solicite de novo, xa que corresponde unha única adhesión por persoa.

A alta neste Seguro de Vida realizarase a partires do trimestre natural posterior á data de aceptación como Colexiado e/ou Asociado. Este boletín tamén se pode utilizar para posteriores modificacións.

· VANTAXES DE ASOCIADO DE PLENO DEREITO