Atención sanitaria a través do móbil: unha alternativa rendible?

O sector da asistencia médica está a afrontar grandes desafíos en canto a recursos por mor das restricións orzamentarias, o envellecemento da poboación, o aumento das enfermidades crónicas, etc. Calcúlase que, por exemplo, para 2030 o 53% da poboación de Xapón, o 43% da de Europa Occidental e o 33% da de Norteamérica superarán os 65 anos e enfermidades que antes se consideraban incurables, parecen potencialmente tratables a través dunha supervisión clínica continuada. Esta combinación de factores está a exercer unha maior presión sobre o sector da asistencia sanitaria e obrigando aos médicos a buscar formas novas e máis alcanzables para manter e mellorar a calidade actual na atención aos pacientes.

Fonte: elmundo.es

Ver nova