Benvida

É un pracer para nós darvos a benvida ao Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia a traveso da nosa web, canle de comunicación multidireccional, na que os profesionais das telecomunicacións podedes atopar todos aqueles contidos de interese para o exercicio da profesión e temáticas relacionadas como, información legal e institucional, orientación profesional e ofertas de emprego, formación continua, publicacións especializadas, documentación profesional, eventos e novas do sector e do colectivo, entre outras.

Dende o Colexio e a Asociación queremos fomentar a participación activa dos colexiados e asociados co fin de teñades un papel fundamental, podendo achegar as vosas ideas e comentarios a través das distintas canles articuladas para tal fin. Dende a caixa de correo de suxestións, ata peticións de cursos persoalizados ou consultas de calquera índole, os colexiados e asociados podedes interactuar con nós dende a web.

Esperando que este lugar de encontro co COETG e a AETG sexa do voso agrado, recibide un saúdo,

Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e Xunta Directiva da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.