Bill, a primeira persoa con tetraplejia que recupera a mobilidade dos seus brazos e mans

Bill Kochevar é un cidadán estadounidense de 56 anos de idade que fai xa hai case unha década sufriu un accidente de bicicleta moi grave. Como consecuencia deste accidente, sufriu unha lesión na medula espinal que provocou que perdese toda a mobilidade por baixo do seu pescozo. É dicir, adquiriu unha tetraplejia e padece unha parálise total de todas as súas extremidades. Pero agora, e froito dos avances logrados por un equipo de investigadores estadounidenses, Bill Kochevar é a primeira persoa con tetraplejia do mundo que logrou recuperar, aínda parcialmente, a mobilidade dos seus brazos e mans.

Fonte: abc.es

Ver nova