Celebrada a Asemblea e Xunta Xeral Ordinarias do COETG e da AETG

Na tarde de onte tiveron lugar a Asemblea Xeral Ordinaria do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e a Xunta Xeral Ordinaria da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia en Santiago de Compostela. Ámbalas dúas xuntanzas transcorreron segundo os puntos recollidos nas respectivas ordes do día coa aprobación das actividades do COETG e da AETG, a aprobación das contas anuais e orzamentos e as altas e baixas de colexiados e asociados.

As sesións celebráronse en segunda convocatoria segundo os horarios previstos e tódalas aclaracións e suxestións realizadas polos colexiados e asociados asistentes foron atendidas polos representantes de ámbalas dúas entidades.

IMG_0915web.JPG