Celebrada a conferencia sobre a Enxeñería de Telecomunicación na Sociedade da Información

O venres día 24 de novembro tivo lugar na Escola de Enxeñería de Telecomunicación a conferencia impartida polo Secretario do COETG e da AETG, Ricardo Fernández, dirixida aos alumnos do Máster en Enxeñería de Telecomunicación da EET da Universidade de Vigo.

O Secretario do COETG/AETG realizou un repaso pola historia das telecomunicacións e a profesión do enxeñeiro de telecomunicación. Realizou tamén unha charla expositiva sobre o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación e da Asociación, explicando as función de ambas entidades e os servizos que ofrece tanto aos profesionais como aos estudantes, incidindo especialmente na traxectoria de ambas entidades das que este ano se conmemora o 50 e 25 aniversario respectivamente. Ademais, o representante do COETG/AETG explicou aos alumnos as diferentes vertentes da profesión da enxeñería de telecomunciación e a súa transversalidade.

Esta actuación enmarcase na liña de colaboración que o COETG/AETG mantén coa propia Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e sobre todo de acercamento aos estudiantes para darlles a coñecer tamén a existencia tanto da Asociación como do Colexio Oficial e a importancia e vantaxes de formar parte deles.

IMG_0471.JPG