Celebradas as Xornadas sobre Aplicacións Móbiles en Saúde

Os pasados días 23 e 24 de abril o COETG celebrou as Xornadas sobre Aplicacións Móbiles en Saúde xunto co Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña para axudar aos facultativos a aproveitar as novas tecnoloxías na súa práctica diaria. Así, os médicos recibiron da man dos enxeñeiros de telecomunicación unha serie de charlas cun marcado carácter práctico na sede do Colexio Médico da Coruña.

Programa Xornadas Aplicacións Móbiles en Saúde

Relatores Xornadas Aplicacións Móbiles en Saúde

relatores xornadas medicos.jpg


De esquerda a dereita: Luisa Lombardero, Sara Mª Rodríguez, Pablo Soto, Javier Fernández, Ramón Bermúdez de Castro, Oscar Rivas e Jacinto Parga

O día 23 a xornada comezou cunhas nocións xenerais sobre a aplicación de dispositivos móbiles na consulta médica, para o cal os médicos recibiron nocións básicas sobre as características importantes que era preciso coñecer dos diferentes dispositivos móbiles, especificacións técnicas, sistemas operativos, cobertura, serguridade, privacidade, etc. A xornada continuou cunhas recomendacións prácticas para a selección de aplicacións de saúde dirixidas aos médicos e tras estas xornadas introductorias presentáronse varias aplicacións de saúde de interese para os médicos.

Estas aplicacións tiñan como obxectivo a procura de información médica, a axuda ao diagnóstico, información sobre medicamentos, interaccións de medicamentos, ferramentas e calculadoras médicas, actualización científica, a xestiónde citas e tamén unha utilidade para facilitar a comunicación entre os pacentes e os traballadores sanitarios independentemente en diversas linguas.

O día 24 a xornada tamén comexou cunhas explicación xenéricas sobre tecnoloxía e continuou con diversas aplicacións médicas sobre hipertensión, insuficiencia cardíaca, hipercolesterolemia, EPOC, dermatoloxía e diabetes. Algunhas xornadas contaron tamén coa demostración de diferentes aparatos médicos de última tecnoloxía que se conectan aos dispositivos móbiles como o medidor de tensión ou o oxipulsímetro.

Esta actividade é a primeira das que se realizan en base ao convenio de colaboración que o COETG asinou recentemente co Colexio Médico, co compromiso de traballar a prol do desenvolvemento e a incorporación das novas tecnoloxías da comunicación e a sociedade da información no ámbito médico.

_DSC0086.jpg

_DSC0103.jpg