Celebrado o acto de graduación dunha nova promoción de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo

O pasado venres celebrouse o acto de graduación da promoción 2018/2019 dos Enxeñeiros de Telecomunicación da Escola de Vigo no que 51 estudantes da VI promoción do grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e 24 da IV promoción do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación recibiron as respectivas bandas. Neste evento estiveron acompañados por Natalia Caparrini, vicerreitora de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria; Ángeles, Marra, concelleira de Transportes e Proxectos Estatais Europeos; José Manuel Martínez, presidente da Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación e Edita de Lorenzo, vicedecana do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, así como representantes de Optare Solutions e Gradiant. Como padriños, o alumnado elixiu aos profesores Artemio Mojón para a promoción do grao e Manuel Fernández Veiga para o mestrado.

Máis información

grad1.jpg