Celebrado o encontro de confraternización para conmemorar o 25 aniversario da AETG

O pasado día 1 de decembro celebramos o 25 anivesario da AETG cun encontro de confraternización de asociad@s. Os obxectivos desta xornada estaban enfocados principalmente a realizar un encontro interxeracional de enxeñeiros de telecomunicación coa finalidade de recordar brevemente os fitos fundamentais da historia da AETG ao longo dos vintecinco años de existencia e albiscar o futuro da profesión a traveso das diferentes perspectivas expostas por parte dos asistentes, tanto dos profesionais con ampla traxectoria profesional como dos enxeñeiros de telecomunicación máis novos e os estudantes do Máster.

Despois dun xantar/networking celebrouse un debate entre os asistentes no que se trataron temas diversos, como o de lembrar aquelas primeiras inquedanzas dos enxeñeiros de telecomunicación impulsores da AETG, algúns deles alí presentes, por crear unha asociación que agrupara e defendera os intereses do colectivo en Galicia. Abriu o debate, Julio Sánchez Agrelo, actual presidente da AETG, quen fixo un breve repaso dos fitos históricos máis salientables da entidade e dou paso ao tamén membro da directiva do COETG e director de Comunicación, Xavier Alcalá, quen salientou a necesidade de dar proxección social da profesión a traveso das redes sociais. Con estas primeiras intervencións abriuse un interesante debate no que participaron a meirande parte dos asistentes poñendo de manifesto as súas valoracións sobre o labor realizado ata o de agora e as diferentes opinións hacia onde se debería encamiñar a profesión dos telecos.

IMG_0649.JPG