Celebrado o foro sobre 5G: "A implementación deste estándar cambiará o modo no que vemos o mundo"

A Cidade da Cultura acolleu onte o Foro “Retos e Oportunidades do 5G”, o primeiro encontro galego sobre estas redes para analizar desde todos os puntos de vista o impacto que terán na sociedade galega, os retos para a súa implantación e o potencial do hipersector TIC galego para situarse neste contexto tecnolóxico emerxente. O encontro abordou as inquietudes e expectativas de todos os axentes implicados, operadores, fabricantes, clientes, administracións públicas e entidades que están a traballar xa en iniciativas de 5G.

Estas redes están a dar os seus primeiros pasos e espérase que nos próximos anos o seu despregamento sexa xa unha realidade e pasen a converterse nunha infraestrutura básica para a transformación dixital, xunto con outras tendencias como o big data, a intelixencia artificial ou a internet das cousas.

5g_1.jpg

Como punto de partida, José Carlos López Ardao, profesor da Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo realizou unha exposición sobre 5G que serviu de marco para afondar despois sobre esta tecnoloxía nas distintas mesas de debate.

IMG_1451.JPG

Na mesa de grandes clientes formada por Antonio Fernandez, responsable do Programa Innovación 5G produto en PSA; Benigno Rosón, subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade; e Ana Ulloa, Xefa de Explotación en Autoridade Portuaria de Vigo, abordáronse as posibles aplicacións, as oportunidades e os beneficios que esperan do desenvolvemento das redes 5G en Galicia.

IMG_1458.JPG

O terceiro bloque do encontro centrouse nas perspectivas das redes 5G dende a visión dos operadores e os fabricantes. Didier Clavero, head of Data Core Vodafone; Tomás Alonso, director de Enxeñería de Produto de Orange; Javier Gutiérrez, director de Estratexia e Desenvolvemento de Rede e Infraestruturas de TI de Telefónica; e Norberto Ojinaga, director de Rede de R, falaron do papel que desempeñarán as 5G na economía e a sociedade e as perspectivas e problemáticas que ven sobre o seu despregamento.

IMG_1461.JPG

A mesa redonda dos fabricantes achegou a súa visión do futuro das redes 5G e as posibilidades de uso coa participación de Iván Rejón, Head of Strategy, Gov’t & Industry Relations, Marketing & Communications de Ericsson; Álvaro Sánchez, Head of Telefónica Account at Nokia; José Capote, Integrated Solution Sales Manager en Huawei Technologies; e José Nicolás Domínguez-Staedke, Strategy & Business Development at Colmena.

IMG_1467.JPG

O cuarto e último bloque serviu para expoñer iniciativas específicas de uso do 5G da man de entidades que xa están traballando nelas. Nesta mesa participaron Francisco Sánchez Pons, director de ITS e Electrónica en CTAG; Yudani Riobó, Innovation Manager at Quobis; Luis Pérez Freire, director xeral de Gradiant; e Héctor Estévez, director xeral de Centum Research & Technology.

IMG_1477.JPG

Na clausura do evento, a directora da área da Sociedade Dixital da Amtega, Rosa Méndez Calvo e o presidente da AETG, Julio Sánchez Agrelo realizaron unha síntese de todo o exposto durante a xornada.

IMG_1488.JPG

Durante toda a xornada instalouse un stand no que se mostrou in situ un vehículo prototipo de CTAG, conectado e autónomo, no que os asistentes pudeiron ver diferentes proxeccións nas que se amosan as funcionalidades incorporadas no vehículo. Estes prototipos permiten avaliar e experimentar en fases temperás as futuras tecnoloxías que se incorporarán nas próximas xeracións de vehículos.

5g_1.jpg