Charla aos alumnos do Máster de Telecomunicacións da EET de Vigo

Enmarcada nas actuación de colaboración que o COETG/AETG mantén coa Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, o venres día 5 de outubro o noso decano/presidente Julio Sánchez Agrelo compartiu cos alumnos do primeiro curso do Máster en Enxeñería de Telecomunicación da EET da Universidade de Vigo a súa traxectoria profesional e experiencias laboráis.

IMG_4059.JPG

O presidente do COETG/AETG realizou tamén un repaso pola historia das telecomunicacións e a profesión do enxeñeiro de telecomunicación e deu a coñecer aos alumnos o Colexio e Asociación explicando as función de ambas entidades e os servizos que ofrece tanto aos profesionais como aos estudantes.

IMG_4076_r.jpg