Ciberseguridade ou Evidencias Dixitais, temáticas dos cursos que comezan en xaneiro 2018

De interese para colexiados

O día 22 de xaneiro darán comezo os cursos en formato on-line "Introdución á Ciberseguridade" e "Adquisición, análise e presentación de evidencias dixitais" que organiza o Colexio e dos cales está aberto o prazo de inscrición.

O curso sobre Ciberseguridade abordará os antecedentes e diversas iniciativas da normativa a nivel internacional e mundial. Estudará os procesos de análise de riscos de seguridade dunha organización e realizará unha introducción na aprendizaxe de técnicas de detección de ataques cibernéticos e actividades maliciosas, prevención, recuperación e mitigación de ciberataques, avaliación do risco, probas de penetración e análise de malware.

O curso sobre Evidencias Dixitais pretende a formación de expertos en Informática Forense capaces de detectar, anticiparse e reaccionar ante os incidentes de seguridade que sufren diariamente miles de empresas e usuarios.

Máis información e inscrición

escudo.gif