COETG/AETG participan no Foro Tecnolóxico de Emprego cunha experiencia inmersiva de RV

Hoxe arranca unha nova edición do Foro Tecnolóxico de Emprego que se desenvolverá ata o vindeiro venres nas escolas de Enxeñería de Telecomunicación, Industriais e Minas no Campus Universitario de Vigo.

Nesta edición, a nosa participación será na celebración dun workshop baixo o título Oportunidades profesionais e de emprego do Enxeñeiro de Telecomunicación. Experiencia de Realidade Virtual que terá lugar o xoves 14 de marzo ás 12h na Sala de Xuntas da Escola de Enxeñería de Telecomunicación.

Durante o mesmo daremos a coñecer o Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia abordando en especial a parte profesional da nosa enxeñería e presente e futuro do mercado laboral dos enxeñeiros de telecomunicación desde o ámbito do COETG e da AETG, integrando a mesma nunha dinámica de grupo cos alumnos presentes para ir dando resposta ás posibles cuestións, dúbidas e preguntas. Convidaremos ademais aos asistentes a vivir unha experiencia inmersiva de Realidade Virtual que amosa a historia das telecomunicacións e o rol fundamental dos enxeñeiros de telecomunicación na transformación da sociedade.

forotecnoloxico.png