Colabora no Galicia Maker Faire como Voluntario Dixital

De interese para colexiados

O Programa de Voluntariado Dixital da Amtega publicou unha nova convocatoria para colaborar na Maker Faire Galicia que se celebrará o vindeiro 24, 25 e 26 de novembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Os interesad@s en colaborar como voluntari@s e identificar novas ideas de actividades para realizar no seu entorno de traballo, poden rexistrarse no seguinte enlace: Programa de voluntariado dixital

Maker Faire Galicia se consolida un ano máis como o punto de encontro para os mellores creadores de Galicia onde se exhibe o traballo de empresas punteiras, colexios, institutos e artesáns que están a innovar con técnicas e materiais novos, así como, mostras de arte urbano, música, gastronomía, educación... a través de espazos makers, makers e artistas. É a maior feira de inventores do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, etc.Un lugar para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos profesionais.

Programa Maker Faire 2017


Infórmate sobre o programa de Aliados Dixitais do que forma parte o COETG

maker faire.png