Colaboramos nunha nova edición do Tour Tecnolóxico @asLAN

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia colabora na organización dunha nova edición do Tour Tecnolóxico @asLAN baixo o título “Transformación dixital. Todo Conectado” que este ano arranca en Santiago de Compostela o día 21 de setembro. O Tour pasará por diferentes cidades españolas como Valencia (28 de setembro), Barcelona (18 e 19 de outubro), Vitoria (7 de novembro) e Málaga (23 de novembro).

Desenvolverase un estenso programa no que se abordará o papel das tecnoloxías en rede para impulsar a transformación dixital e ofrecerá unha ampla perspectiva sobre importantes tendencias de futuro e solucións tecnolóxicas dispoñibles para construír plataformas dixitais aliñadas co negocio: Internet of Things, Mobile User, Hydrid Cloud...

Iremos informando sobre as novedades do programa e o desconto nas inscricións para colexiados/asociados.

Máis información sobre o Tour Tecnolóxico @asLAN Santiago de Compostela

asLAN ImagenLK_ForoSantiago.jpg