Colexiarse - Precolexiado

PRECOLEXIADO

Para formalizar a inscrición bastará con proceder a cumprimentar o formulario de solicitude de alta do procedemento telemático de inscrición. Ao finalizar o proceso enviarémosche a ficha por correo electrónico xunto coa información sobre a documentación concreta que nos deberás achegar e que con caracter xeral consiste na seguinte:

- Fotocopia do DNI ou NIE.
- Fotografía de carné actualizada.
- Xustificante de estar matriculado no “Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación”, ou xustificante de estar matriculado na titulación de “Enxeñeiro de Telecomunicación” onde se indique claramente cursar, polo menos, o 80% dos créditos que compoñen dita titulación.

ENVÍO DA DOCUMENTACIÓN

- Formulario de inscrición asinado.
- Fotografía.
- Copia DNI ou NIE.
- Xustificante de estar matriculado.

Toda a documentación anterior pode presentarse de forma telemática ou en papel.

Presentación telemática (recomendada): Enviar escaneada a documentación á dirección altas@coit.es
No caso de que desexes presentala en papel, debes enviala a:

COLEXIO OFICIAL DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN GALICIA
Juana de Vega, 4 - 1º I
15003 A Coruña

Queremos informarche tamén de que no ámbito da nosa profesión, contamos coa ASOCIACIÓN DE ENXEÑEIROS DE TELECOMUNICACIÓN DE GALICIA (AETG).

Ambas organizacións manteñen un estreito grao de colaboración e manteñen un importante número de socios en común. Ao incorporarche ao COETG, se ademais desexas ser membro da AETG, deberás marcar a casilla de "pertenza a outras asociacións" durante o proceso de alta telemática.

A este único fin, a documentación facilitada no trámite de precolexiación serve tamén ao interesado, se así o desexa, para asociarse como estudante á AETG sen necesidade de achegar documentación adicional, salvo o correspondente documento asinado de ficha de inscrición que se xenerará automáticamente.

· VANTAXES DE PRECOLEXIADO.