Conéctate con nós por Facebook e Twitter!

De interese para colexiados e asociados

facebook.png twitter.png

Coa idea de incrementar a comunicación entre nós como colectivo e de intensificar as relacións dos que formamos este Colexio e Asociación, dende o grupo de comunicación queremos convidarte a que formes parte activa deste novo Plan de comunicación co que pretendemos, ademais de consolidar os nosos lazos de confraternización, aumentar a proxección social da nosa profesión.

Convidámoste a seguirnos en Facebook e Twitter dende onde te iremos informando de novas iniciativas porque queremos que formes parte activa do noso Plan. Pasamos a un formato aberto de xeración de contidos no que as túas achegas serán sen dúbida enriquecedoras (e ademais necesarias) para o resto dos compañeiros de profesión e para a sociedade.

As canles de comunicación que manexamos hoxe en día son moito máis espontáneas e con infinitas posibilidades de interacción e como telec@s temos que aspirar a comunicarnos máis e mellor pero, témolo que facer entre tod@s!