Conferencia do COETG/AETG durante o Foro Tecnolóxico de Emprego

O venres 10 de marzo ás 12 horas no salón de Graos da Escola de Telecomunicacións, terá lugar a impartición dunha conferencia baixo o título "Os proxectos de telecomunicación no ámbito local, autonómico e estatal.O Enxeñeiro de Telecomunicación e funcións do COETG e da AETG" na que Luisa Lombardero, responsable do Departamento Técnico do COETG/AETG, explicará as diferentes actuacións e proxectos de telecomunicación que levan a cabo os enxeñeiros de telecomunicación colexiados e asociados no ámbito lexislativo e normativo a nivel local, autonómico e estatal e das colaboracións e actuacións da AETG e do COETG coas diferentes administracións.

cartel conferencia.jpg