Conmemoramos o 50 aniversario do Colexio coa experiencia de Realidade Virtual na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación

Con motivo do 50 aniversario do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación, durante estes días todos aqueles que se acheguen á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo poderán gozar dunha experiencia inmersiva de Realidade Virtural a traveso da que se amosa a historia das telecomunicacións e o rol fundamental dos enxeñeiros de telecomunicación na transformación da sociedade.

Esta experiencia aberta a calquera tipo de público, remata o seu percorrido estes días na EET despois de estar exposta no museo interactivo Domus da Coruña e no Museo de Pontevedra. Trátase dunha experiencia de realidade virtual inmersiva permite interactuar e ser protagonista en diferentes fitos da Historia.

A iniciativa englóbase dentro das actividades programadas do Colexio para conmemorar o 50 aniversario da entidade.

IMG_0586.JPG
IMG_0581.JPG