Consegue o teu pase oro para ASLAN 2018 por cortesía do Colexio

De interese para colexiados

Os vindeiros 12 e 13 de abril terá lugar no Palacio Municipal de Congresos en Madrid una nova edición do Congreso&Expo ASLAN baixo o título "Tecnologías para acelerar la Transformación Digital". Esta XXV edición porá o foco na revolución das "Tecnoloxías para acelerar a Transformación Dixital" e o papel das tecnoloxías para optimizar o despregamento, mobilidade e seguridade das infraestruturas en rede, de empresas e gobernos máis dixitais.

Como colexiado poderás dispor dun Pase Ouro, inscribíndoche a través desta ligazón: rexistro para colexiados. A túa inscrición profesional gratuíta será tramitada a pase ouro internamente, non é preciso que fagas ningunha xestión adicional.

Máis información de Aslan 2018

logotipo-aslan.png