Consegue o teu pase para a exposición Smart City

De interese para colexiados e estudiantes pre-colexiados

O Colexio pon a disposición dos seus colexiados e estudiantes pre-colexiados invitacións gratuitas de acceso á exposición Smart City 2018, que terá lugar na cidade de Barcelona os vindeiros días 13, 14 e 15 de novembro no recinto de Gran Vía da Feria de Barcelona.

Os interesados deberán rexístrase na web e cumplimentar o formulario, indicando os datos de contacto e número de colexiado.

Para máis información do evento e programa completo consultar: Smart City Expo

image002.jpg