Convocada a XXXIX edición dos premios Ingenieros de Telecomunicación

Convocada a XXXIX edición dos premios "Ingenieros de Telecomunicación" coa que o Colegio Oficial e Asociación de Ingenieros de Telecomunicación quere galardoar un ano máis aos mellores Enxeñeiros de Telecomunicación do ano 2018 nas diferentes categorías:

Mellor Tese Doutoral
Mellor proxecto fin de carreira ou Traballo fin de Master
Mellores traxectorias académicas en enxeñería de telecomunicación

A data límite para a presentación dos traballos para todas as categorías será o vindeiro 31 de marzo de 2018.

Consulta as bases da convocatoria, o cartel informativo e a forma de inscrición.

premioscoit2019.png