Convocatoria dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2018

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) convocan unha nova edición dos Premios Galicia Telecomunicacións e Sociedade da Información 2018.

Estes premios son:

  • Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2018.
  • Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2018.

Os Premios entregaranse no transcurso da XXIII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

O prazo de presentación de memorias para todos os premios remata o mércores 2 de maio ás 10:00 horas.

PREMIOS COETG/AETG 2018:

- Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2018. En colaboración coa Fundación Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) e dotado con 1.500 euros, con este premio preténdese fomentar a realización de teses de doutoramento con potencial de aportar valor no mercado como vehículo de xeración de coñecemento e recoñecer a aqueles investigadores das universidades galegas que teñan completada a súa tese doutoral nun eido aplicable ao sector TIC.

Bases do Premio Gradiant 2018
Ficha resumo da tese Premio Gradiant 2018

- Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2018. En colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) este premio é de carácter honorífico e está destinado a recoñecer os mellores proxectos no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación que contribúan e aporten beneficios á sociedade.

Bases do Premio Beneficios Sociais 2018
Solicitude de participación Premio Beneficios Sociais 2018

PGTSI18.jpg