Curso On-Line de Virtualización de redes (NFV) e Redes definidas por software (SDN)

De interese para colexiados

Aínda está aberto o prazo de inscrición para o curso on-line de Virtualización de redes (NFV) e Redes definidas por software (SDN) que comeza o vindeiro día 18 de febreiro, organizado polo Colexio. Esta acción formativa proporciona coñecementos específicos sobre as novos paradigmas arquitecturales das redes de comunicacións baseados na definición "software" do seu comportamento (SDN) e na virtualización das funcións da rede (NFV). Axuntando os servizos proporcionados polos operadores de telecomunicacións, as tecnoloxías e técnicas de redes existentes e as novos paradigmas mencionados, cada alumno desenvolverá unha solución a un problema específico de redes de comunicacións cuxos requisitos son coñecidos en termos de servizos portadores e finais, tipos de usuarios, tráfico e distribución xeográfica.

Accede á información e inscrición

coit formacion.jpg