Derradeiras prazas para o curso de "Creatividad e Innovación"

Informamos que aínda quedan algunhas prazas para o curso "Creatividad e Innovación" que organiza o COIT nos Cursos de Verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e que se celebrará no Palacio da Magdalena (Santander), do 30 de agosto ao 1 de setembro.

As xornadas de innovación e creatividade combinarán doutrina e práctica, presentando conceptos teóricos e metodoloxías sempre ilustrados con exemplos reais que se intercalan con exercicios prácticos para que sexa máis interactiva. Tamén se mostrará un amplo elenco de técnicas de creatividade e coñecerán as últimas tendencias no ámbito da innovación e o emprendimiento.

Máis Información e inscricións