Difundimos a Historia das Telecomunicacións cunha experiencia de Realidade Virtual no MUNCYT

Os vindeiros días 22, 23 e 24 de novembro, o COETG instalará no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de A Coruña -MUNCYT- un stand expositivo e un equipo de Realidade Virtual a través do cal difundirá a historia das telecomunicacións e a profesión do enxeñeiro de telecomunicación á sociedade.

Realidad Virtual MUNCYT. MWC

Grazas á realidade virtual da Historia das Telecomunicacións, o usuario convértese en protagonista activo da historia, permitíndolle trasladarse ata 1912 á sala de telégrafos do Titanic no momento do afundimento, e poder dar o aviso de emerxencia SOS máis famoso da historia a través do código Morse salvando a vida a máis de 700 persoas, ou vivir en primeira persoa a invasión alieníxena de Orson Welles en 1938 grazas á radio. Ademais, o usuario poderá rememorar a primeira conexión telefónica da historia en 1878 e pasar unha chamada, ou ser testemuña do momento en que Armstrong en 1969 pisou a lúa, aquel histórico paso para o home e que se retransmitiu en directo ante máis de 500 millóns de telespectadores.

IMG_20181122_155744_0.jpg