Empresas e entidades daranse cita en santiago para amosar que poden facer as TIC para envellecermos mellor

Este luns 30 de novembro vaise falar en Santiago de cousas que pode facer o noso tecido de produción tecnolóxica (centros tecnolóxicos, empresas, entidades, profesionais por conta propia) para incrementar e mellorar os coidados, a saúde e a calidade de vida dos nosos maiores. Falamos da terceira edición da Xornada Inno Active Ageing sobre envellecemento activo e vida saudábel. A cita é no Edificio Roberto Novoa Santos do Hospital Universitario. En palabras dos organizadores (o Clúster Saúde de Galicia), a xuntanza servirá entre outras cousas para “estudar da clusterización empresarial como motor de desenvolvemento en investigación e empresas, contando con expertos nas diferentes materias”. Intervirán, entre outros, os responsábeis de NasasBiotech, NeuroAtHome e o SERGAS (este último falando de fogar dixital e eSaúde).

Fonte: codigocero.com

Ver nova