En outubro celébrase en Vigo o Machine Learning Workshop Galicia 2018

De interese para asociados e colexiados

Logo do éxito colleitado nas edicións do 2016 e 2017, con múltiples ponencias e máis de 100 participantes entre investigadores e empresas en cada una delas, atlanTTic asume a organización da III edición do Machine Learning Workshop Galicia que terá lugar o 18 de outubro de 2018 en Vigo (sede Afundación) e no que o COETG colabora activamente na difusión e anima a colexiados e asociados a asistir e participar neste congreso.

Nos últimos anos, o interese da industria e da comunidade investigadora polas tecnoloxías asociadas á Aprendizaxe Máquina ou Machine Learning incrementouse notablemente. Coa irrupción das tecnoloxías Big Data, a mellora dos algoritmos de aprendizaxe e a aparición do Deep Learning, esta rama da Intelixencia Artificial converteuse nun referente en case calquera campo de coñecemento.

A pesar de todos os seus beneficios para a sociedade e a industria, o seu potencial máximo está aínda por explotar, polo que temos por diante un futuro cheo de novos retos e oportunidades.

O comité do WGML2018 convida os autores a compartir a súa experiencia en Machine Learning durante o evento, tanto se proceden do ámbito académico como empresarial. Tamén se convida ás empresas a compartir as súas necesidades e participar no evento co obxectivo de establecer sinerxías. Os interesados deberán enviar antes do 16 de setembro os seus traballos a través da plataforma EasyChair, seguindo o formato requirido pola organización e que está disponible na propia web do Congreso.

Máis Información, envío de traballos e inscricións

wgml.png