Entrañable xornada de reencontro entre compañeiros celebrada o venres en Lugo!

Este venres día 19 de outubro tivo lugar o segundo encontro de confraternización de asociados organizado pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia coa asistencia dun numeroso grupo de enxeñeiros de telecomunicación.

A xornada celebrouse nas casetas gastronómicas que cada ano se instalan no parque Rosalía de Castro de Lugo con motivo da celebración das festas patronais, un lugar propicio para compartir experiencias, na que participaron enxeñeiros de telecomunicación que se achegaron de diferentes puntos de Galicia para xuntarse un ano máis cos compañeiros e falar sobre os seus proxectos e inquedanzas profesionais.

O fantástico ambiente no que transcorreu a xuntanza dexou aos asistentes co desexo de repetir a experiencia para o ano que ven.

IMG_3039web.JPG

IMG_3046web.JPG