Foro Enrique Peinador: Economía e Galeguidade

O Foro Enrique Peinador, no que o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia participa, naceu co obxectivo de incentivar o diálogo entre a economía e a galeguidade, e coordinar o ideario e as exitosas experiencias dos que desenvolveron o seu pulo empresarial na nosa lingua.

Na actualidade, como continuidade do esforzo que a sociedade galega ven desenvolvendo a prol da pervivencia dos nosos signos e valores identitarios no contexto dos pobos do mundo, o Foro E. Peinador considera relevante afirmar dende o mundo económico a urxencia de conseguir para a lingua galega máis funcións sociais e máis espazos de uso, e reforzar a súa presenza en sectores estratéxicos determinantes para o éxito social e afirmación como pobo.

Con esta perspectiva, o foro E. Peinador implica a un conxunto plural de axentes para participaren na afirmación de Galicia como país e reforzar a lingua galega como alicerce da súa identidade: ao empresariado galego, coa maior diversificación posible por sectores, no que o valor da galeguidade está a representar un factor positivo de mercado; ás autoridades públicas, no seu papel de creadores de políticas e como axentes financiadores de propostas, así como de promotores e executores de iniciativas; ao mundo financeiro; á sociedade civil, a través de colectivos organizados, asociación e sindicatos; e á comunidade universitaria e centros de investigación, como favorecedores da relación industria-universidade.

Máis Información do Foro Enrique Peinador

Enlaces a actividades:

Eu etiquetados en galego, e ti?
Convite: Couto Mixto. 5 de xullo de 2014
Encontro empresarial: Economía con acento. 27 de maio de 2014
Crónica e Video: Xornada Lingua e Empresa. 14 de abril de 2014

logo_partner5_on.png