Homenaxe do Consello Galego de Enxeñerías a Ramón Bermúdez de Castro, exdecano do COETG

O Consello Galego de Enxeñerías (CGES), do que forma parte o noso Colexio, homenaxeou a tres dos seus decanos fundadores, que acaban de deixar os seus cargos nos seus respectivos colexios profesionais e tamén no CGES. Ramón Bermúdez de Castro Olavide, exdecano do noso Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e primeiro vicesecretario do CGES foi homenaxeado xunto a Ricardo Babío, exdecano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e primeiro presidente do CGES e Javier Pamies Durá, exdecano do Colexio de Enxeñeiros Navais e Oceánicos e un dos primeiros vogais do CGES.

O recoñecemento tivo lugar na tarde do día 5 de xuño no Club Financeiro Atlántico da Coruña, nun acto ao que asistiron por parte do COETG o actual decano Julio Sánchez Agrelo e o secretario Ricardo Fernández, xunto aos actuais decanos e representantes dos outros colexios profesionais que integran o CGES.

Foto CGES.jpg