Iñigo Cuíñas renova o seu cargo como director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo

O director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, o enxeñeiro de telecomunicación Íñigo Cuíñas, saliu reelixido onte na reunión celebrada pola Xunta de Escola na que se refrendou o equipo directivo da etapa anterior.

Nesta nova etapa ao fronte, Iñigo Cuiñas aposta por novos retos como a coordinación, evolución e mellora continua das titulacións, a captación de máis e mellores estudantes e o incremento da visibilidade desta especialidade da enxeñería, entre outros.

Máis información

inigocuinasweb.jpg