Inscríbete na XXII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2017

De interese para Asociad@s e Colexiad@s

Boletín de inscrición para Asociad@s e Colexiad@s

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia celebran o vindeiro 29 de setembro de 2017 en A Coruña a XXII edición da Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, baixo o lema Ciberseguridade, oportunidade para @s telecos. Este ano farémolo dunha forma más especial se cabe, xa que celebramos 25 aniversario da nosa Asociación destacando tamén a cerimonia de entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información que constitúe un dos fitos principais do acto.

Este ano a Noite terá lugar no Palexco (A Coruña) iniciando así unha nova etapa na que o evento recorrerá anualmente distintos puntos da nosa comunidade. Ademais contaremos con interesantes novidades das cales vos iremos informando proximamente. Dende o COETG e a AETG é a nosa intención facerche partícipe un ano máis neste encontro entre compañeiros, que conta ademais coa participación das principais entidades e empresas do sector TIC e con importante representación institucional.

Na nosa web corporativa www.aetg.gal poderase seguir toda a información relativa ao evento, así como relación de Premiados da presente edición da Noite e outras interesantes novidades. Dispós tamén de toda a información relativa ás distintas modalidades de inscrición ao evento con importantes descontos grazas á subvención que a AETG realiza dirixida aos colexiados/asociados.

Animamos a asociad@s e colexiad@s a compartir con nós este día!

As inscricións deben cursarse a traveso do seguinte enlace: Boletín de inscrición para Asociad@s e Colexiad@s. O prazo remata o día 20 de setembro.

Programa NGTSI 2017.

Cartel NGTSI_2017.jpg