XXI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2016

familia_0.jpg

Memoria NGTSI 2016 18.79 Mb

Galería de Fotos

A XXI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información que se celebrou este ano no Gran Hotel A Toxa o venres 30 de setembro, contou coa asistencia dunhas 300 persoas, e estivo presidida pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira. Tamén acudiron o director do IGAPE, Javier Aguilera e o director do estaleiro de Navantia, en Ferrol, Julio Martín.

Este ano, a gala organizada polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, estivo dedicada a Transformación dixital, o desafío 4.0. Como sinalou Bermúdez de Castro, “entramos nunha nova era da Historia da Humanidade. A revolución industrial, que estamos a vivir, cambiará as nosas vidas para sempre” e augurou que no “futuro apaixoante” que nos agarda, “case nada será igual e, nel, as TIC e os enxeñeiros de telecomunicación xogaremos un papel clave”.

DSC_1200.jpg

A Noite presentada pola actriz Carmen Méndez e que contou coa actuación do monologuista Carlos Blanco, deu comezo coa proxección dun vídeo sobre o desafío 4.0, e despois da intervención de Ramón Bermúdez de Castro, entregáronse os Premios Galicia das Telecomunicacións e a Sociedade da Información 2016.

presidente.jpg

Trala entrega dos galardóns, o enxeñeiro do ano, César Mariñas, que se autodefiniu como un “ingeniero de banda ancha”, pronunciou unhas palabras nas que, tras agradecer a distinción, que dedicou aos seus compañeiros, “los ingenieros libre ejercientes”, expresou dous desexos: “que sus servicios profesionales puedan ser más valorados y demandados, y que consigan encontrar un hueco entre las (empresas) de ingeniería y consultoría”; e que os contratantes valoren “las ventajas que estos (los ingenieros libre ejercientes) pueden aportar en este nicho de mercado”, e que os leve “a vencer la resistencia al cambio generada, a veces, por la comodidad del continuismo en la contratación de los grandes, los mismos o los conocidos”.

amtega.jpg

A encargada de despedir a XXI Noite Galega das Telecomunicacións foi Mar Pereira, que pronunciou o discurso de clausura, pero antes interviu o director dos estaleiros de Navantia, en Ferrol, Julio Martín, quen asegurou que “Navantia tiene la firme voluntad de avanzar hacia el astillero 4.0, aprovechando el impulso de la Unión Europea y las iniciativas que el Gobierno y la Xunta han puesto en marcha para el desarrollo de la industria conectada”.

Para Julio Martín, “el astillero 4.0 supone todo un desafío, pero también una gran oportunidad de mejora competitiva en tres ejes principales: productos, procesos y modelo de negocio”. O seu éxito –dixo- radicará “en la digitalización y la colaboración vertical y horizontal con nuestro entorno”.

navantia.jpg

Ese estaleiro será, segundo o director de Navantia en Ferrol, “un espacio ciberfísico, en el que coexistan interconectadas las personas y los equipos y materiales cibernéticos”. Un lugar dotado de máquinas intelixentes, “que procesen materiales y equipos, con una inteligencia adquirida durante su fabricación por nuestros proveedores, y cuyo producto final ha de ser el barco inteligente”.

Julio Martín lembrou que o estaleiro 4.0 requerirá “nuevas capacidades a nuestro personal. Aparecerán nuevos roles y perfiles, por lo que los aspectos formativos y los planes de estudios habrán de anticiparse a esa necesidad futura”. Nese senso, anunciou que Navantia “ya ha iniciado el camino con la constitución de la Unidad Mixta de Investigación con la Universidad de A Coruña, para investigar e implementar diferentes actuaciones” neste ámbito.

Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2016

premiados_0.jpg

O premio Enxeñeiro Gerardo García Campos á mellor iniciativa empresarial no sector TIC foi para Monet Viticultura.

Premio Gerardo.jpg

O premio GRADIANT á mellor tese doutoral aplicada ao sector TIC recaeu en Beatriz Remeseiro López, por Avances na diagnose do síndrome de ollo seco: desenvolvemento de métodos automáticos para a avaliación de patróns na capa lípida da película lagrimal.

Premio Gradiant_0.jpg

O premio INEO ao produto ou servizo máis innovador de 2016 foille concedido a Egatel S.L. polo proxecto SmartLNB.

Premio Ineo_0.jpg

O premio ao Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais, outorgado en colaboración coa Amtega, recaeu en EOSA, pola creación de INclue.

Premio amtega.jpg

O premio Acuntia á empresa galega que aposta polo desenvolvemento de infraestruturas intelixentes de telecomunicacións, concedéuselle ao Real Club Celta de Vigo.

Premio Acuntia_0.jpg

O premio ao Mellor expediente académico do Máster en Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo foi para Daniel Rodríguez Domínguez.

Premio mellor expediente.jpg

O premio Enxeñeiro do Ano outorgado polo Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia recaeu en César Mariñas Dávila.

Ingeniero Ano.jpg

En agradecemento aos nosos patrocinadores:

Cartel NGTSI_2016.jpg