Novos cursos on line con comezo en xaneiro

Nas vindeiras datas darán comezo novos cursos en formato on line organizados polo Colexio e que poden ser de interese para todos os colexiados. Destacamos unha nova edición da formación sobre Hacking Ético y Técnicas de Hacking Avanzadas sobre Windows co que se se pretende introducir aos alumnos nas distintas técnicas que existen para realizar ataques aos diferentes sistemas informáticos, pasando por todas as fases dun test de intrusión.

Tamén terán lugar novas edicións dos cursos de Gestión de Proyectos orientado a la Certificación PMI e Adquisición, Análisis y Presentación de Evidencias Digitales. E como novidade celebraráse a primeira edición do curso Seguridad en Proyectos Hardware no que se presentarán os principais conceptos en relación á seguridade dos deseños hardware, e ensinaránse as técnicas e conceptos necesarios para a realización e desenvolvemento de proxectos hardware seguros nas súas diferentes modalidades e no relativo aos procesos e ferramentas para a protección intelectual dos desenvolvementos, así como para a detección de troianos hardware.

Toda a información dos programas e inscrición dos cursos pódese consultar en : Información oferta formativa.

image002.jpg