O COETG celebra o seu workshop e invitou a vivir unha experiencia de Realidade Virtual

O COETG/AETG celebrou o xoves 14 de marzo na sala de xuntas da Escola de Enxeñería de Telecomunicación un workshop baixo o título Oportunidades profesionais e de emprego do Enxeñeiro de Telecomunicación. Experiencia de Realidade Virtual e impartido por Luisa Lombardero, responsable do noso departamento técnico.

O obxectivo desta activade foi dar a coñecer aos asistentes Colexio Oficial e Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia poñendo o interese na vertente profesional da enxeñería e mailo presente e o futuro do mercado laboral dos enxeñeiros de Telecomunicación desde o ámbito do COETG e da AETG. Durante o seu trascurso solventáronse as cuestións, dúbidas e preguntas que plantexaron os alumnos asistentes que puideron tamén vivir unha experiencia inmersiva de Realidade Virtual que lles amosou a historia das telecomunicacións e o rol fundamental dos enxeñeiros na transformación da sociedade.

IMG_7573_opt.jpg