O COETG colabora con Galicia TIC 2017

En virtude do acordo de colaboración entre o COETG/AETG e Galicia TIC, os colexiados/asociados poden participar na Competición de Enxeñería que se celebrará o vindeiro luns día 26 de xuño programada dentro na nova edición do congreso Galicia TIC que este ano terá lugar os días 26 e 27 de xuño en Santiago de Compostela.

Haberá dúas competicións, unha sobre Programación de aplicacións sobre AngularJS e outra sobre Programación de drons. Os colexiados interesados en participar nalgunha delas deberán enviar un correo electrónico ao noso compañeiro Miguel Merino (mmerino@uvigo.es) quen tramitará a inscrición. Ademais da competición, os participantes terán acceso a todas as conferencias e actividades do congreso Galicia TIC do día 26 de xuño.

Mais información sobre Galicia TIC

galiciatic.png