O COETG e a AETG convocan unha nova edición do premio Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2011

Xa está aberto o prazo de presentación de candidaturas para o premio á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC que cada ano convocan o Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, patrocinado pola Fundación Ingeniero Gerardo García Campos e que forma parte dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

Coa concesión deste Premio, dotado con 6.000 euros, preténdese dar un impulso económico e social a aquelas empresas que están empezando a súa andaina ao concederse a un proxecto empresarial emerxente no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. O prazo de presentación de candidaturas para o premio, que se entregará durante a celebración da XVI Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, está aberto ata o vindeiro 19 de setembro ás 14:00 horas.

Bases da convocatoria

cartel_pggc_2011.png