O COETG e a AETG lévante a coñecer as instalacións de telecomunicacións do Aeroporto de Santiago de Compostela

Entre os actos que O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia están a organizar con motivo do Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012, incluese unha visita ás instalacións do Aeroporto de Santiago de Compostela para os colexiad@s/asociad@s que estean interesados en coñecer esta infraestructura clave para o desenvolvemento económico e social de Galicia.

A visita está prevista para o xoves día 24 de maio pola tarde. A recepción dos asistentes terá lugar no novo edificio terminal, onde terá comezo a visita. Posteriormente, realizarase o percorrido guiados polo xefe do Sector Noroeste de Navegación Aérea, co cal visitaremos o fanal da Torre de Control (TWR) e a sala de equipos de Xestión do Tráfico Aéreo (ATM) e das Tecnoloxías das Comunicacións, Navegación e Vixilancia (CNS).

Entre os equipos que coñeceremos, atópanse o VOR e a estación RIMS, así como as supervisións das Radioaxudas. Tamén poderemos ver o Sistema de Comunicacións Orais, os Trasmisores e Receptores de VHF e UHF, o Sistema de Telemando, o Sistema de Grabación as supervisións destes sistemas e unha visita ao Fanal (Sala de Control).

cubierta_verde_alta.jpg