O COETG e AETG lévante á Cidade da Cultura

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan un percorrido polas distintas instalacións dunha das obras de enxeñería más senlleiras da nosa comunidade: a Cidade da Cultura. A visita terá lugar o mércores 20 de xullo ás 17:30 horas.

Durante o tour poderán verse as exposicións: "A Cidade", sobre o deseño e construción da Cidade da Cultura de Galicia, "Typewriter", unha mostra de máquinas de escribir antiguas e "Miquel Navarro: figuras para a batalla", esculturas.

O recorrido continuará despois cunha visita guiada ós edificios xa inaugurados Arquivo e Biblioteca, e entorno, onde se accederá ás Centrais de Instalacións, repartidor principal e galería de servizos. Por último, visitaremos as torres de Hejduk, a central de telefonía móbil e as antenas.

Comparte con nós a visita a este complexo singular e gozar dunha oportunidade única de coñecer as particularidades técnicas desde o interior do mesmo.

Para reservar pódese chamar ao 981 596 612 ou enviar un correo a aetg@aetg.org, indicando o número de persoas asistentes.

Para máis información da Cidade da Cultura acceder a: www.cidadedacultura.org.

Cidade da Cultura